"OG" - Dios Ke Te Crew feat. Boyanka Kostova (Videoclip)

0 Просмотры
Издатель
DIOS KE TE CREW ft. BOYANKA KOSTOVA - "OG" (Videoclip)
"OG" é o primeiro video-sinxelo de adianto do vindeiro EP de Dios Ke Te Crew.

••••••••••

Dirección: Xaime Miranda
DoP: Iago Vilarinho
1st AC: Daniel Rodríguez
Maquillaxe e perruquería: Iria Parras
Vestiario: Alejandra Martín
Xoias: Jhamiluv
Dirección de Arte: Manuel Miranda
Edición e cor: Xaime Miranda

Coa aparición especial de Daripovich Overmans e Nuno Amore, e a colaboración de Hotel Nogallás, Ordes, e Kaméleon Vintage, Santiago de Compostela.

••••••••••

LETRA V/ORIXINAL:

Son un
Orixinal
Son un
Orixinal

SONNY SOCRETT:
Son máis galego que o feísmo,
atrévome a dicir que ata máis que o caciquismo,
non te achegues por aquí se non queres ver muralismo
porque son un , avant garde dos que inventan ismos.

“OGismo”, este tema é o manifesto,
un emblema para que poida seguir o resto,
un sistema superchovinista, crema
para que untes nesa autoestima tan enferma.

IVAYLO:
Son máis galego que un cego de licor café,
que ir a misa un domingo e ao saír ir a beber,
máis galego que o “Xénese” de DKTC,
que o fondo azul cas gaivotas do PP.

OG como un patrón con boina e con bastón
que a túa avoa con gorro pesqueiro e mandilón
andando como Fraga con paso vacilón,
se ves falando castrapo, os OG´s din, “así non”.

XABIER “CAN DE PALLEIRO” MOUBIÑA:
Chegan os OG´s, denominación de orixe
como a fariña do país, chegan os Big Pimps,
coma patróns, facendo lowrider en chimpíns,
matando peregríns con chanclas e calcetíns.

Orixinal galaicos, coma movendo os marcos,
releando na feira, niso nunca fomos
Din que non se sabe se subimos ou baixamos,
perfecto, como nos gusta facervos parvos.

JAMIRO “MOLLADAS” DE SANTA:
Son máis galego que un polvo nunha palleira,
ou que un polbo á feira sobre un prato de madeira,
ou que unha bañeira nunha leira de bebedoiro,
ou que ter morriña primeiro e logo

Son tan galego que se subo, subo para arriba,
se non hai fallo baixo abaixo máis ancho que un rancho;
a cooperativa OG non ten despacho, temos
sede de beber nalgún furancho.


Orixinal
Son
Orixinal

ROMAN CICIĈ:
Son un
De Ordes a Santiago cheira a Dios o que lle botas ao
Da igrexa ao ximnasio vou pensando en botarche un
Se nos xuntamos pasan cousas que non pasan porque son un
Un

IVAYLO:
Calidade no sangue e na carne como a tenreira,
os OG´s están na taberna co licor de herbas,
vella escola, botando esterco e pisando bosta,
nova escola, crense gangstas e son de Santa Comba.

Orixinal galego como os guiris en Santiago,
como ir limpar o monte ao teu terreo privado,
rimando con frases célebres e memorables
como M. Rajoy no Congreso dos Diputados.

SONNY SOCRETT:
Máis galego que un somier exercendo de
OG, ti gasta as pelas no Leroy Merlín;
máis galego que a diglosia, esa mesma
pola que te mereces con creces esta boa

Máis que un ultramarinos-café bar
ferretería-concesionario no mesmo pack
e máis, que o Miño que o Sil, que o Sar e que o Cabrón,
máis que Murdock, Jamas, Cibrán, Chicho e o Mouró

XABIER “CAN DE PALLEIRO” MOUBIÑA:
Máis galego que a Operación Nécora,
máis que o mal de ollo, non me mires, mala pécora,
typical galician como o lacón con grelos,
colgados e afumados, recheos coma botelos.

Vai por ghocevellos, ti oes visió
Máximo expoñente como o bocadillo de rixóns,
OG´s como o Albariño, o Godello, o Ribeiro,
pura sangue da filloa, son puro can de palleiro.

JAMIRO “MOLLADAS” DE SANTA:
Orixinal, sen data de caducidade,
dálle reprís, Sebastián, lárgalle bits sen piedade,
os OG´s rimamos inda que ninguén escoite,
disque os vagalumes brillamos na

Costumes; como facer dun galpón un casoplón
en ben menos do que tarda en cantar un galo,
só pura sorte? Estás equivocado,
se a brúxula sinala o Norte será por


Orixinal
Son un
Orixinal

••••••••••

Web:
Facebook:
Instagram:
Twitter:
Категория
Кино комедии
Комментариев нет.